UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE PAISAXE E SUSTENTABILIDADE
Esta unidade didáctica sobre a ollada da paisaxe dende o monte da Fracha, en Pontevedra, nace como consecuencia da
confluencia de dous proxectos polos que o IES Sánchez Cantón sentiu interese, por un lado o anteproxecto da creación dun parque periurbano na Fracha e, por outro, a convocatoria anual do Plan
Proxecta da Consellería na modalidade de Paisaxe e Sustentabilidade que nas bases da súa participación convida a presentar un traballo que implique ao alumnado co medio natural que o
rodea.
Entendemos que esta podería ser unha oportunidade para traballar co alumnado de 3º da ESO todo un programa de sensibilización
educativa polo territorio nun país que por incultura e falta de educación maltratou e segue a maltratar os espazos naturais e os espazos construídos. Hai unha necesidade de formar á poboación
sobre a sensibilización pola paisaxe para que aprenda a distinguir as actuacións boas das malas e aprenda a pensar nas consecuencias das intervencións humanas no territorio.
Vivimos en Pontevedra, unha cidade que deu moitos pasos de cara a unha humanización e valorización dos
espazos naturais e o patrimonio cultural, e consideramos esencial unha acción educativa de base para continuar o labor encetado na última década. En concreto o eixo central do noso traballo
será o de colaborar na potenciación do proxecto municipal de crear o Parque Periurbano da Fracha. A nosa achega será a creazón dunha unidade didáctica sobre este espazo e as
posibilidades educativas que nos pode ofrecer.
O alumnado urbano debe reflexionar sobre o contexto no que vive, coñecer como evolucionou, analizar os bos e malos exemplos
dese desenvolvemento e aportar ideas de mellora dos seus espazos públicos.
Unidade Didáctica dirixida ao alumnado de 3º ESO ies Sánchez Cantón, deseñada dentro do marco do Plan Proxecta na temática de Paisaxe e Sustantibilidade